Vindeiro 20 de xaneiro de 2008 dará comezo unha nova edición da Festa da Pita, que chega xa á súa 10ª edición, despois de ser recuperada polos veciños e veciñas d’As Eiroás (Ourense) no ano 1999 depois de cuase 30 anos sen se celebrar.
A ORIXE DA FESTA
A orixe desta festa remóntase á década dos ’50; e a razón que impulsou ao pobo a realizala foi a voda entre dous viúvos da zona (don Antonio Guimarey e dona Gumersinda de Benavides, por mal nome: A Pita). A vella tradición de “fazer cinzarrada” ao viúvo ou viúva que casaba, viuse aqui reforzada pola situación pouco habitual dos dous contraíntes atopárense nese estado. Xa que logo foilles reclamada unha cantidade económica para realizar unha festa “como mandaba a situación”. Ao se negaren os noivos a facelo, as xentes do lugar comezaron a lles tocar o corno e outros instrumentos improvisados facendo forte escándalo e enteirando a todas as xentes dos arredores. Se pagaron a festa ou non, non o temos craro (hai quen di que si), mais o asunto é que apartir de entón comezou a se celebrar por esa data n’As Eiroás a máis popular das celebracións pagás: o Entroido. A festa, na honra da noiva, coñeceuse algún tempo como Festa da Pita, pois era o alcume da protagonista, e celebrouse até comezos dos ’70, desaparecendo entón non sabemos ben porqué, até no ano 1999 fora recuperada polos/as veciños e veciñas do barrio, celebrándose desde aquela n’As Eiroás o ciclo tradicional do Entroido. Seguir lendo →
Filed under: Uncategorized | Tagged: antroido,carnaval,eiroas,entroido,festa da pita,ourense | Leave a comment »