A Máscara da Pita

voda 2007No ano 2001, coincidindo cos albores do novo século e tentando perpetuar a lembranza da orixe da Festa da Pita e os seus protagonistas así como querendo concebir un novo símbolo que identificara ao barrio e á propia festa; créase a máscara da Pita, feita con estuque e cartón-pedra á medida da persoa portadora.

A parte dianteira da carauta vai en branco e negro e na traseira leva un deseño relacionado coa natureza ou co matrimonio, coa particularidade de non se poder repetir os debuxos entre máscaras. Da parte superior arrinca, entre plumas de vivas cores, o pescozo da Pita, que proxecta a máscara cara arriba facéndoa visíbel.

No ano 2002 apreséntase o traxe, consistente nunha vestimenta elegante (temos que lembrar que imos “de voda”), que tenta mesturar as bases do traxe tradicional galego coas premisas entroideiras. Falamos pois, dunha chaqueta curta e dunhas calzas curtas negras sobre unha camisa e unhas meias de encaixe brancas, ás que acompañan unhas polainas negras e diversos ornamentos. Dos brazos da chaqueta colgan sendas capas cheas de plumas de vivas cores (a xogo coa carauta) rematadas por 4 puntas das que colgan cadanseu axóuxere. As calzas tambén levan 6 axóuxeres (3 por cada perna) no fondo das mesmas (ou sexa, á altura do xoello) das que colgan 4 fitas das mesmas cores empregadas no resto do traxe. A camisa é branca, sen pescozo, pois de aquí saen diversas fitas das cores habituais. As meias son brancas de encaixe. As polainas son negras e tambén conta con 2 axóuxeres por perna e 4 fitas. Ademáis, o traxe compleméntase cun cinto de coiro, do que colgan 15 pequenas chocas e cunha bolsa tambén de coiro na que as Pitas levan os ovos que atiran a quen se cruza no camiño (recheos de penso e algúns de verdade). Do ombreiro saen outras fitas máis grosas e máis longas que son as que indican a antigüidade da Pita, engadíndolle unha fita ao traxe por cada ano que corra o Entroido; a cor desta fita ven marcada por algún feito salientábel do ano transcurrido (a fita do 2008 é de cor marrón claro, en referencia ao moito que se falou neste ano da mudanza climática e á seca que sufrimos no noso contorno, nomeadamente entre os productores do sector primario. A chaqueta tambén está adornada por unha insignia de prata que representa á carauta, e que é a única peza da máscara que se pode levar todo o ano.

O 2008 será o 7º ano que esta máscara corra o Entroido. Nesta curta traxectoria, A Pita erixiuse nun novo símbolo do barrio d’As Eiroás e está conseguindo consolidar a recuperación dunha festa curiosa e entrañábel, a través dun proxecto de dinamización socio-cultural do contorno.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: