Os outros Entroidos da cidade

cartaz_freicanedoNos lindes do concello de Ourense tambén se celebran outros dous Entroidos (ademáis da nosa Festa da Pita e do organizado polo concello). Un deles ven de mui antigo, e ten como símbolo a parella de mecos que penduran na praza, símbolo de fertilidade por excelencia. Outro, o Entroido de Frei Canedo da Ponte -ao igual que nós- leva unha andaina aínda mui corta, mália xa aventuramos desde aquí que vai ser unha das festas importantes da cidade.

Saúdos desde As Eiroás para os amigos (e as amigas) destes dous barrios veciños:

Entroido da Asoc. Cult. Frei Canedo da Ponte

2 de febreiro.- sábado de Entroido
21:00 CONCERTO DE ROCK cos grupos BELGRAVIA, BURGAS CITY E 96 GRADOS. Non volo perdades, vai estar a rachar.

3 de febreiro.- domingo de Entroido
11:00 MERCADILLO lúdico – etílico – gastronómico ao longo de todo o día, na marxe dereita da Ponte Vella, con música e carallada no seu transcurso.
12:00 XOGOS TRADICIONAIS para o goce das/os máis pequenas/os da casa… e dos grandes tamén, se se portan ben e os fillos os deixan, na explanada que hai debaixo da Ponte Vella.
POLBO E CARNE AO CALDEIRO para que quen queira e poida xantar. Todo acompañado de música de charangas, pan e viño (de uva), a bon prezo.
19:30 ACTIVIDADES PARA OS PEQUENOS cunha actuación circense – máxica – musical do mago “ANYO” e unha “Party Time”.
CONCERTO de MIRIAM FIGUEIRAS, a revelación galega do momento.
21:00 AGASALLOS para as/os nenas/os que veñan disfrazadas/os
21:30 BAILE até iso das… que o luns non é festivo.

4 de febreiro.- luns de Entroido
12:00 POLBO E CARNE AO CALDEIRO para todas/os.
17:00 – 18:00 XUNTANZA DOS FRADES na capela con charangada e carallada. SERMÓN a cargo de Antonio Tabarés e BENDICIÓN dos novos confrades co saúdo papal.
20:30 SOLEMNE PROCESIÓN de Frei Canedo. Confirmaron a súa asistencia Blanquita e a Lexión, o noso Papa, o noso Alcalde, o Abade da Orde, Os Folións de Trives, as Romanas da Ponte e as forzas vivas do pobo.
21:15 QUEIMA DO REI DO ENTROIDO e sesión cubata a cargo da orquestra MASTER.
22:00 XUNTANZA NOS SANTOS COMEDORES para honrar a Frei Canedo cunha cachuchada (só para os membros da confraría)… iso si, mentres eles cean, todos podedes facer o mesmo no polbo e carne ao caldeiro. Todo isto musicalmente amenizado.
23:00 BAILE de disfraces coa orquestra MASTER.
00:00 FOLIÓN con bombas de coloríns “fixas e voadoras”. Segue o baile até as… porque ao día seguinte é festivo.

Máis información no seu web www.freicanedo.org

paquita e nicanorEntroido de Seixalvo – Paquita e Nicanor

27 de xaneiro.- domingo Oleiro
16:00 TARDE DE OLAS como manda a tradición. Percorrido polas rúas de Seixalbo até a Praza Maior, para deixar aos bonecos “Paquita e Nicanor” ao son da música da charanga Os Centellas.

2 de febreiro.- sábado de Entroido
12:00 MISA SOLEMNE na honra de Sta. Águeda, para continuar cunha romaría con polbo á feira (o pago do xantar será de carácter individual) co acompañamento da charanga Entre Amigos.

3 de febreiro.- domingo de Entroido
11:30 Concentración para a PROCESIÓN na honra de Sta. Águeda dende a Igrexa até a Capela co acompañamento dunha banda de gaitas.

5 de febreiro.- martes de Entroido
15:45 DESFILE DE DISFRACES polas rúas de Seixalbo, coa participación de diversas comparsas. Concentración na Praza dos Barreiros e paseo polo interior do núcleo histórico co acompañamento e posterior baile das charangas Santiago Apóstol e Entre Amigos.

6 de febreiro.- mércores de Cinza
21:00 ENTERRO DA SARDIÑA con desfile polas rúas de Seixalbo, con sardiñada ao remate no Campo da Infesta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: