Entroido de Ourense 2008

cartaz_OurenseEis o programa do Entroido organizado polo concello de Ourense:

24 de xaneiro.- Xoves de compadres

17:30 OBRADOIROS DE COMPADRES na rúa dos Artesáns (rúa Colón), para que todas/os as/os nenas/os poidan confecionar os bonecos cos que se fará a tradicional carreira.
Colabora: Asociación de Artesáns
Lugar: Praza da Imprenta

31 de xaneiro.- xoves de comadres
17:30 OBRADOIROS DE COMADRES na rúa dos Artesáns (rúa Colón). Esta vez toca-lle ás comadres; a continuación a tradicional carreira.
Colabora: Asociación de Artesáns
Lugar: Praza da Imprenta


1 de febreiro.- venres de Entroido
ANIMACIÓN DE RÚAS e pasa-rúas coa participación das charangas Jalácticos, Mecánica, Santiago Apóstol, Los Estupendos Burruños de la Morralla y su banda de impresentables, Os Centellas, Trópico de Grelos e Chunda – Chunda.
20:00 XUNTANZA NA PRAZA MAIOR dos entroidos da cidade (Paquita e Nicanor, Frei Canedo, As Romanas da Ponte e As Pitas d’As Eiroás), xunto con algúns dos máis representativos da provincia, así como todos os ourensáns, que coas charangas farán unha serpe de música e cor polas rúas da cidade.
Percorrido: Praza Maior, Lamas Carvajal, rúa do Paseo e Parque de San Lázaro.
21:00 PREGÓN DO ENTROIDO 2008 por conta d’O Carrabouxo, coa “colaboración” de Xosé Lois González.
Lugar: Parque de San Lázaro, a carón da figura do homenaxeado.
Ao remate GRANDE TRONADA de foguetes artificiais realizada pola Pirotecnia Josman (gañadora do X Concurso de Fogos Artificiais Corpus 2007) que dará o pistoletazo de saída ao Entroido 2008.
Lugar: Explanada tras do cemiterio de San Francisco.
22:00 CEA DE BENVIDA AO ENTROIDO onde o requisito imprescindíbel é vir disfrazado e con ganas de gozar.
Prezo das entradas: 10 €
Puntos de venda: Auditorio Municipal, Festival de Cine, OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), Oficina de Turismo Municipal, Seixalbo, Frei Canedo, Romanas da Ponte e Asociación de Artesáns.
Lugar: paseo central da Alameda do Concello
00:00 PASARELAS DE ENTROIDO:
Lugar: Praza Sta. Eufemia (ant. Coronel Ceano), Praza do Correxidor, rúa Fornos e Praza do Ferro.

2 de febreiro.- sábado de Entroido
ANIMACIÓN DE RÚAS e pasarrúas coa participación das charangas Santiago Apóstol, Jalácticos, Dr. Anchoa, Os Chispas, Ponteses, Os Amigos, Chunda – Chunda, Los Estupendos Burruños de la Morralla y su banda de impresentables, Trópico de Grelos e Os Centellas.
17:30 FESTA DE ENTROIDO con obradoiros de maquillaxe, tatuaxe e outros complementos, para todas as idades, onde pais, nais, nenos e nenas poderán rematar ou comezar o seu “traxe de Entroido”, e mover o esquelete ao son da animada discoteca móbil.
Lugar: Paseo central da Alameda do Concello
20:00 – 21:30 ENTROIDO DOS MAIORES. poderán participar no CONCURSO DE BAILE E DISFRACES. Un xurado valorará o conxunto de vestiario e movemento e agasallará ás tres mellores parellas cunha cea.
Lugar: Praza Maior
21:00 – 22:00 CONCURSO DE COMPARSAS MUSICAIS
O premio será un contrato nas vindeiras festas de Ourense.
Lugar: Praza de Sta. Eufemia (ant. Coronel Ceano)
00:00 BAILE coa orquestra LOS PLAYERS de Ferrol.
Lugar: Praza Maior
00:00 PASARELAS DE ENTROIDO:
Lugar: Praza Sta. Eufemia (ant. Coronel Ceano), Praza do Correxidor, rúa Fornos e Praza do Ferro.

3 de febreiro, domingo de Entroido
ANIMACIÓN DE RÚAS e pasarrúas coa participación das charangas Os Atrevidos, Santiago Apóstol, Sarima, Ramirás, Vaite Xa, Os Chispas, Villalba Viante, Os Amigos, Chunda – Chunda, Los Estupendos Burruños de la Morralla y su banda de impresentables, Ablitas, Trópico de Grelos e Os Centellas.
12:00 CONCERTO DE ENTROIDO da Banda de Música Municipal de Ourense.
Dirixe: D. Francisco Pérez Rodríguez
Lugar: paseo central da Alameda do Concello
18:00 DESFILE DE COMPARSAS E CARROZAS
Concentración dos participantes: Pavillón dos Remedios
Percorrido: Saída por Progreso até o Xardín do Posío, rúa Coruña, Ben-Cho-Sei, Lugo, Padre Feijóo, Colón e Praza Maior.
19:30 BAILE coa orquestra LOS SATÉLITES da Coruña.
Lugar: Praza Maior
21:00 CONCURSO DO REI/RAÍÑA DO ENTROIDO 2008 (todas as persoas que queiran participar que se acheguen ao soportal do Concello, esquina coa rúa Colón), de seguido ENTREGA DE PREMIOS aos gañadores dos Concursos.
Lugar: Praza Maior
22:00 PASARELAS DE ENTROIDO
Lugar: Praza Sta. Eufemia (ant. Coronel Ceano), Praza do Correxidor, rúa Fornos e Praza do Ferro.

4 de febreiro.- luns de Entroido
ANIMACIÓN DE RÚAS e pasa-rúas coa participación das charangas Dr. Anchoa, Santiago Apóstol, Mecánica, Támega, Os Amigos, Os Chispas, Los Estupendos Burruños de la Morralla y su banda de impresentables, Ablitas, Trópico de Grelos e Chunda – Chunda.
17:30 FESTA DE ENTROIDO con obradoiros de maquillaxe, tatuaxe e outros complementos, para todas as idades, onde pais, nais, nenos e nenas poderán rematar ou comezar o seu “traxe de Entroido”.
19:30 CONCERTO do grupo de fusión de música tradicional e infantil MAMACABRA.
Lugar: paseo central da Alameda do Concello
19:30 – 21:00 ENTROIDO DOS MAIORES poderán participar no CONCURSO DE BAILE E DISFRACES.
Un xurado valorará o conxunto de vestiario e movemento e agasallará ás tres mellores parellas cunha cea.
Lugar: Praza Maior
21:00 – 22:00 CONCURSO DE COMPARSAS MUSICAIS
O premio será un contrato nas vindeiras festas de Ourense.
Lugar: Praza de Sta. Eufemia (ant. Coronel Ceano)
00:00 BAILE coa orquestra AMÉRICA de Pontevedra.
Lugar: Praza Maior
00:00 PASARELAS DE ENTROIDO:
Lugar: Praza Sta. Eufemia (ant. Coronel Ceano), Praza do Correxidor, rúa Fornos e Praza do Ferro.

5 de febreiro.- martes de Entroido
ANIMACIÓN DE RÚAS e pasarrúas coa participación das charangas Ramirás, Los Estupendos Burruños de la Morralla y su banda de impresentables, Ablitas, Santiago Apóstol, Entre Amigos e Chunda – Chunda.
19:30 BAILE coa orquestra SOLARA de Pontevedra.
Lugar: Praza Maior
21:30 CONCURSO DE DISFRACES INDIVIDUAIS na Praza Maior, onde un xurado premiará cunha invitación para a CEA DE DESPEDIDA DO ENTROIDO aos 50 mellores disfraces individuais que destaquen pola súa orixinalidade, chispa, saber estar e movemento ao son da música.
22:00 PASARELAS DE ENTROIDO:
Lugar: Praza Sta. Eufemia (ant. Coronel Ceano), Praza do Correxidor, rúa Fornos e Praza das Mercedes.

6 de febreiro.- Enterro da Sardiña
20:30 ENTERRO DA SARDIÑA
Concentración: na Praza Maior, onde os doentes, nun cortexo fúnebre debidamente amenizado polas charangas Os Centellas e Chunda – Chunda, acompañarán á Sardiña ao longo do percorrido.
Percorrido: saída da Praza Maior, Lamas Carbajal, Paseo, Parque de San Lázaro, Sto. Domingo, Lepanto, Juan de Austria, Praza Sta. Eufemia (ant. Coronel Ceano), Lamas Carbajal e remate na Praza Maior coa queima da Sardiña.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: