Xa ven o Domingo Oleiro

Olas no carroMañá domingo 27 celebramos n’As Eiroás o Domingo Oleiro. Neste último domingo que da paso á semana dos días “gordos”, as olas de barro son as protagonistas da xornada. Meio cento delas, procedentes das olarías de Niñodaguia, acabarán por ser escachadas na praza d’As Eiroás (se ningún indulto o remedia). Para as/os máis cativas/os, hai algunhas oliñas pequenas e globos de auga.

O xogo das olas, que estará amenizado pola Charanga CHUNDA-CHUNDA, dará comezo ás 17 h. (máis ou menos). A esa hora, as primeiras Pitas que corran o Entroido 2008 serán as encargadas de levar as olas até a praza d’As Eiroás e protagonizar o primeiro xogo.Na xornada previa haberá un Obradoiro de decoración de olas, dirixido nomeadamente ás/aos máis cativas/os.

pintando olasPorén, a celebración comeza hoxe, na tarde do sábado, coa decoración e pintado das olas que mañá serán as protagonistas. Un ano máis serán nomeadamente as/os cativas/os do bairro e arredores as/os encarregadas/os desta laboura. Neste ano, ademáis, tamén participaron da decoración un grupo de alumnas da Escola de Arte Antón Faílde.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: