O 8 de febreiro do 2009 comezará, co Domingo Fareleiro, a XI edición da Festa da Pita. Polo de agora, teremos que nos conformar con ir vendo como se desenvolveu este ano e revisando as fotos dos distintos días, que é unha das cousas que máis nos agrada e que máis mantén no tempo a memoria da festa.
A nível xeral, a X edición foi a máis (ou unha das máis) participativas de todas as que levamos. Introducíase neste ano o xantar -a xeito de convite da voda- ao que cadaquén levaba a súa comida, que despois era compartillada con todas/os as/os comensais. Para iso, a representación da voda era trasladada cara o mediodía. Isto, xunto co Folión (este ano dividido en 2 grupos que percorreron todo o barrio) e o baile da tarde, encheu a programación da xornada até a Queima do Meco dun xeito -achamos- satisfactorio. Seguir lendo
Filed under: Uncategorized | Tagged: antroido,carnaval,eiroas,entroido,festa da pita,ourense | Leave a comment »