Festa da Pita 2008

cartaz_2008Xa está ultimado o programa da festa deste ano. Chegados á primeira década de existencia, queremos implementar algúns elementos á festa. Salientamos a realización dun folleto informativo da mesma, dun cartaz interpretativo da máscara -que se repartirá polos centros de ensino dos arredores- e doutro material promocional da festa. Seguindo co costume dos últimos anos, o cartaz do 2008 está realizado por un artista local, que colabora coa Festa da Pita aportando o seu particular punto de vista sobre a mesma. Neste ano foi Manolo Penín quen se sumou aos outros 4 artistas e deseñadores que o precederon (Heitor Rial, Pepe Xoga, Félix Caramés e Paco Boluda). No mesmo apartado promocional, este ano vai significar a chegada da Festa da Pita ao web.

Tambén este ano imos introducir o contido gastronómico no programa, para o cual imos ampliar o programa do “día grande” (Martes de Entroido), onde se vai pasar a Voda da Pita para a mañá (as 13 h.), mudando e ampliando o guión da mesma e implementando o xantar a xeito de “convite dos noivos”. Por último, sinalar que a fita que lucirán os traxes que corran este ano 2008 (e que irá incrementando o número das que saen do broche de cada traxe) será o marrón claro, en referencia ao ano de seca e á mudanza climática.

PROGRAMA

20 de xaneiro.- DOMINGO FARELEIRO.

  • 12 h (máis ou menos).- Colga do Meco
  • 17 h (máis ou menos).- Guerra fareleira, amenizada pola Charanga CHUNDA-CHUNDA.

27 de xaneiro.- DOMINGO OLEIRO.

  • 17 h (máis ou menos).- O xogo das olas, amenizado pola Charanga CHUNDA-CHUNDA. As Pitas serán as encargadas de levar as olas á praza d’As Eiroás.
  • Na xornada previa haberá un Obradoiro de decoración de olas, dirixido nomeadamente ás/aos máis cativas/os.

5 de febreiro.- MARTES DE ENTROIDO.

  • 12 h.- Folión do Entroido. Pitas, gaiteiras/os e máscaras percorrerán o barrio anunciando a chegada do día grande.
  • 13 h.- Voda da Pita.
  • 14 h.- Xantar (neste ano, cadaquén trae o seu), amenizado pola Charanga Los Estupendos Burruños de la Morralla y su banda de impresentables e a Banda de Gaitas Os Trasnos.
  • 17 h.- Baile de máscaras, amenizado pola Grande Orquestra NEVADA
  • 21 h. (máis ou menos).- Queima do Meco.

Na xornada do martes, haberá carpa con bancos e mesas para todos aqueles grupos que queiran xantar na praza. Inscribirse nos domingos previos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: