A só un ano da Festa da Pita 2009

e son saudados con milloO 8 de febreiro do 2009 comezará, co Domingo Fareleiro, a XI edición da Festa da Pita. Polo de agora, teremos que nos conformar con ir vendo como se desenvolveu este ano e revisando as fotos dos distintos días, que é unha das cousas que máis nos agrada e que máis mantén no tempo a memoria da festa.

A nível xeral, a X edición foi a máis (ou unha das máis) participativas de todas as que levamos. Introducíase neste ano o xantar -a xeito de convite da voda- ao que cadaquén levaba a súa comida, que despois era compartillada con todas/os as/os comensais. Para iso, a representación da voda era trasladada cara o mediodía. Isto, xunto co Folión (este ano dividido en 2 grupos que percorreron todo o barrio) e o baile da tarde, encheu a programación da xornada até a Queima do Meco dun xeito -achamos- satisfactorio.

saida do desfileOs días previos gozamos de mui bon tempo meteorolóxico, o que favoreceu a grande participación nos mesmos. O tempo non foi tan benigno na xornada matutina do martes nen nos outros días do Entroido. Non deixa de ser este feito algo irónico, toda vez que a fita deste ano estaba “adicada” á seca en Galiza e á mudanza climática no mundo. As Pitas participaron un ano máis no desfile da cidade, o domingo; no que a organización decidiu acortar o trazado do mesmo polas fortes choivas e o frío que ese día tivemos en Ourense.

MartiñoA outra circunstancia que lle deu cor á fita foi o nacimento de Martiño, o primeiro fillo de dúas Pitas, que veu á festa disfrazado como mandan os cánones, de pitiño, como podedes ver na foto. Lembrar que este feito vai supoñer que cuando algunha Pita teña descendencia, a fita dese ano vai ficar adornada pola incial do nome da/o recén chegada/o.

Visitade o apartado de fotografías deste ano (Fotos 2008)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: