Pasou o Domingo Oleiro e xa nos imos achegando ao día grande da festa. O pasado día 15 eran as Pitas -un ano máis- as encargadas de baixar as olas até a praza. Medio cento de olas que ían escachar despois de ser xogadas por todas as persoas que se achegaron a gozar dunha tarde agradábel, na que o xogo das olas, a música d’Os Cuchufellos e os primeiros disfraces anunciaron a entrada na semana do Entroido. O que xa se vai convertindo nun clásico é o lume e os chourizos da noite (sempre e cando haxa alguén que se lembre de traelos). Bon, e a música alta do Jose, e “o can”…
Filed under: Uncategorized | Tagged: antroido,carnaval,eiroas,entroido,festa da pita,ourense | Leave a comment »