Chega unha nova edición da Festa da Pita

cartaz Festa da Pita 2009Arrinca unha nova edición da Festa da Pita, e faino chea de cor, como no cartaz que fixo para esta edición ROBER (Roberto V. Araújo).  A festa dará comezo o vindeiro domingo 8 de febreiro e extenderase até o martes 24.

A cinta deste ano será violeta por ter sido o 2008 o ano contra da violencia de xénero, adicación esta que non foi suficiente para frear as -alomenos- 70 vítimas mortais da violencia machista. Tamén neste ano veu ao mundo unha nova persoa de interese para a nosa festa. Trátase de Xavier, fillo de 2 máscaras e por quen a cinta deste ano levará un “X“, na honra do noso novo e querido amigo.

O programa deste ano é o seguinte:

8 de febreiro.- DOMINGO FARELEIRO.

  • 12 h (máis ou menos).- Colga do Meco
  • 17 h (máis ou menos).- Guerra fareleira, amenizada pola Charanga SANTIAGO APÓSTOL

15 de febreiro.- DOMINGO OLEIRO.

  • 17 h (máis ou menos).- O xogo das olas, amenizado pola Charanga OS CUCHUFELLOS. As Pitas serán as encargadas de levar as olas á praza d’As Eiroás.
  • Na xornada previa haberá un Obradoiro de decoración de olas, dirixido nomeadamente ás/aos máis cativas/os.

24 de febreiro.- MARTES DE ENTROIDO.

  • 12 h.- Folión do Entroido. Pitas, gaiteiras/os e máscaras percorrerán o barrio anunciando a chegada do día grande.
  • 13 h.- Voda da Pita.
  • 14 h.- Xantar (cadaquén trae o seu), con animación musical.
  • 17 h.- Baile de máscaras, amenizado pola Grande Orquestra ALIANZA
  • 21 h. (máis ou menos).- Queima do Meco.

Na xornada do martes, haberá carpa con bancos e mesas para todos aqueles grupos que queiran xantar na praza. Inscribirse nos domingos previos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: