Festa da Pita 2010

cartaz 2010Vindeiro domingo 31 de xaneiro marcará o início da Festa da Pita, que chega este ano á súa 12ª edición.

Un ano máis, imos celebrar os días principais do ciclo tradicional do Entroido. Así pois, despois de colgar o Meco na mañá do domingo (que presidirá a praza até o Martes de Entroido), o farelo e a fariña van ser os protagonistas dunha tarde amenizada pola Charanga Nova Terra, de Trives.

Seguindo co costume dos anos anteriores, é un deseñador local o encargado de facer a imaxe da festa. Nesta edicióna edición trátase de Xosé Lois Vázquez “Che quen se sumou aos outros 6 artistas e deseñadores que o precederon (Heitor Rial, Pepe Xoga, Félix Caramés, Paco Boluda, Manolo Penín e Rober). Seguir lendo

Advertisements