Festa da Pita 2010

cartaz 2010Vindeiro domingo 31 de xaneiro marcará o início da Festa da Pita, que chega este ano á súa 12ª edición.

Un ano máis, imos celebrar os días principais do ciclo tradicional do Entroido. Así pois, despois de colgar o Meco na mañá do domingo (que presidirá a praza até o Martes de Entroido), o farelo e a fariña van ser os protagonistas dunha tarde amenizada pola Charanga Nova Terra, de Trives.

Seguindo co costume dos anos anteriores, é un deseñador local o encargado de facer a imaxe da festa. Nesta edicióna edición trátase de Xosé Lois Vázquez “Che quen se sumou aos outros 6 artistas e deseñadores que o precederon (Heitor Rial, Pepe Xoga, Félix Caramés, Paco Boluda, Manolo Penín e Rober).
…..

Por outra parte, salientar a cor da fita que lucirán os traxes que corran este ano (e que incrementará o número das que saen do broche de cada traxe); será o GRIS, cor da pedra grá galega, que ateiga os Caminhos que nos conectan con Europa e co mundo, neste ano xacobeo, ano ademáis no que consideramos preciso reivindicar o uso e defensa da nosa língua, o galego, diante dalgumhas accións e declaracións que se alonxan da realidade socio-lingüística galega e que semellan procurar un progresivo desuso da língua propia de Galicia.

Lembrar que desde a Asociación das/os Amigas/os da Pita poremos ao dispor das entidades interesadas que así o requiran, material didáctico sobre a máscara. Se pertencedes a algún centro de ensino, asociación, centro lúdico… e queredes conseguir este material. só tedes que pedilo ao seguinte enderezo-e: festadapita@gmail.com

PROGRAMA DA FESTA

31/01 DOMINGO FARELEIRO
Pola mañá: Colga do Meco
Apartir das 17 h.- Guerra Fareleira,
Tarde amenizada pola Charanga NOVA TERRA

7/02     DOMINGO OLEIRO
Neste día, saen as Pitas por primeira vez no Entroido.
Apartir das 17 h.- Xogo das Olas.
Acompañará a tarde a actuación da Charanga DOCTOR ANCHOA

13/02   SÁBADO de ENTROIDO
De noite, unha mascarada percorre o barrio anunciando a chegada dos días gordos do Entroido.

16/02 MARTES de ENTROIDO
11 h.- Folión do Entroido. Pasa-rúas con Pitas, máscaras e música, anunciando a chegada do día grande. Amenizado pola Charanga OS CHISPAS
13 h.- Voda da Pita.
Mediodía.- Xantar dos noivos
Apartir das 17 h.- Baile de máscaras coa actuación da Orquestra NEVADA
Ás máis ou menos.- Queima do Meco



Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: