O broche da Pita

Do ombreiro do traxe da Pita sae un broche (ou perfura) de coiro que é o que indica a antigüidade de cada máscara. No propio broche pode verse o logotipo da asociación e a data na que saiu por primeira vez a máscara completa (2002). Da perfura colgan unhas fitas grosas de cores, cada unha representando o ano en que correu o entroido esa máscara.

No presente ano -2010- a cor elexida é o GRIS, cor da pedra grá galega que ateiga os Caminhos que nos conectan con Europa e co mundo, aproveitando que estamos en ano xacobeo, ano ademáis no que consideramos preciso reivindicar o uso e defensa da nosa língua, o galego, diante dalgumhas accións e declaracións que se alonxan da realidade socio-lingüística galega e que semellan procurar un progresivo desuso da língua propia de Galicia.

Ademáis, neste ano deixounos repentinamente un membro da comisión organizadora (o sempre lembrado Luis) e é por iso que -a maiores- cada ano que isto ocorra, a fita correspondente irá tocada dun pequeno lazo negro na parte alta da mesma.
Seguir lendo

Advertisements