O broche da Pita

Do ombreiro do traxe da Pita sae un broche (ou perfura) de coiro que é o que indica a antigüidade de cada máscara. No propio broche pode verse o logotipo da asociación e a data na que saiu por primeira vez a máscara completa (2002). Da perfura colgan unhas fitas grosas de cores, cada unha representando o ano en que correu o entroido esa máscara.

No presente ano -2010- a cor elexida é o GRIS, cor da pedra grá galega que ateiga os Caminhos que nos conectan con Europa e co mundo, aproveitando que estamos en ano xacobeo, ano ademáis no que consideramos preciso reivindicar o uso e defensa da nosa língua, o galego, diante dalgumhas accións e declaracións que se alonxan da realidade socio-lingüística galega e que semellan procurar un progresivo desuso da língua propia de Galicia.

Ademáis, neste ano deixounos repentinamente un membro da comisión organizadora (o sempre lembrado Luis) e é por iso que -a maiores- cada ano que isto ocorra, a fita correspondente irá tocada dun pequeno lazo negro na parte alta da mesma.

As cores que representan aos anos anteriores son as seguintes:

2009 – VIOLETA. O ano que remataba fora declarado ano contra da violencia de xénero, adicación esta que non foi suficiente para frear as -alomenos- 70 vítimas mortais da violencia machista.

2008 – MARRÓN CLARO. Este ano veu marcado por ser o ano no que se recoñeceu na Comunidade Internacional a mudanza climática que afecta ao noso planeta. O premio Nobel ao Grupo Interguvernamental sobre a mudanza climática, da ONU, e a Al Gore, membro do mesmo e que tamén recibiu o Príncipe de Asturias, a cimeira de Bali, e máis no terreo local a grande seca que sufrimos no noso país, que afectou enormemente ao sector primario e fixo tomar precaucións sobre o abastecemento de augas á Administración, fainos introducir no traxe este elemento que nos sensibiliza con este problema global. Este ano tamén nos deixa unha nova circunstancia: é a primeira vez que 2 pitas teñen un fillo, o que fai que apartir de entón a fita de cada ano no que unha pita teña descendencia, verase adornada pola inicial (ou iniciais) do nome da crianza (ou crianzas) que veñan ao mundo.

2007 – VERMELLA. A vaga de lumes no verán anterior foi o que marcou a cor deste ano. Ao longo do país e máis concretamente n’As Eiroás e en toda a zona norte da cidade de Ourense os incendios deixaron nas nosas memorias imaxes que agardamos non se volten a repetir.

2006 – VIOLETA. Este vai ser o ano que pase á Historia en España por mudar o conceito legal de matrimonio e poder efectuar vodas entre persoas do mesmo sexo. Ademáis, o traxe da Pita é un “traxe de voda”, en lembranza da cerimonia que deu orixe á festa á que representamos.

2005 – VERDE. A natureza que marca o calendario agrario e o ciclo festivo tradicional (onde está o Entroido) ven representada por esta cor. Ademáis, Galiza é verde e esta cor tamén tende lazos cara a cultura común que compartillamos co país veciño (Portugal).

2004 – LARANXA. Cor da solidariedade. Neste ano quixemos lembrar o afundimento do Prestige (acaecido en novembro do 2002). Quixemos facelo lembrando aos milleiros de persoas que se solidarizaron con nós, achegándose até as nosas costas para axudar a limpar os restos do chapapote ao longo do ano 2003.

2003 – AZUL. O traxe enmárcase dentro da cultura galega; dentro dunha das festas máis emblemáticas desta cultura. O azul representa a Galiza, polo mar, a auga e a bandeira.

2002 –  BRANCA. Primeiro ano do traxe. A primeira fita, polo tanto, tamén foi branca, como a base de todas as cores.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: