Imaxes do Domingo Oleiro

Pois todo o que tivo de mal tempo o domingo anterior foi recompensado con unha tarde de sol, mui acaída para unha xornada de festa.

Eis  algunhas fotos do que pasou hoxe na Praza d’As Eiroás. O único, é ter en conta o que nos din os máis maiores: “Se non chove o Domingo de Corredoiro, chove o Domingo de Entroido”. Haberá que mollarse, logo Seguir lendo

Xa ven o Domingo Oleiro

Mañá domingo 27, celebraremos o noso Domingo Oleiro. Esta é a primeira xornada na que fai a súa aparición a Pita, que sai nesta ocasión por 10º ano consecutivo. As primeiras máscaras do noso Entroido serán as encarregadas de achegar as olas até a Praza das Eiroás, para posteriormente dar comezo ao Xogo das Olas. Será ás 5 da tarde e contará coa animación musical da Charanga OS CHISPAS. Seguir lendo

Así foi o Domingo Fareleiro

Até a saraiba fixo a súa aparición na Praza das Eiroás ao longo da tarde. Choveu, escampou… e entre unhas cousas e outras houbo tempo para abrir a celebración da nosa Festa. Pola mañá colgamos o Meco, ao que lle emprestamos un paraugas en vista de que chovía e podía mollarse, ou coller un frío… ou calquera outra cousa. Eis algunhas fotos da xornada Seguir lendo

Visita ao CHOU

Este sábado 19, as Pitas visitaron a Unidade Infantil do CHOU. Era a primeira vez que decidiamos facer algo polo estilo e a experiencia foi positiva. Ademáis de visitar e tentar animar ás nenas e aos nenos que estaban alí ingresadas/os, as Pitas anunciaron a chegada do Entroido á nosa cidade, concretamente ao barrio d’As Eiroás, ademáis de achegar material informativo da nosa Festa e algún agasallo coa colaboración desinteresada da empresa xogueteira Juguettos. Seguir lendo

Festa da Pita 2011

Un ano máis xa está aquí o Entroido. E demorou un chisco máis do habitual, xa que neste 2011 a lúa da primavera faise esperar, polo que a nosa festa máis querida chega nos días máis altos posibles; o que, por outra parte, apunta a unhas datas moi animadas.

Ao igual que nas edicións anteriores, pedímoslle a un artista destas terras que nos fixese a imaxe da festa. Jacobo L. Nespereira foi o encargado de aportar o seu particular ponto de vista sobre a festa e a máscara. Froito do seu traballo é este cartaz tan chulo.

O programa deste ano é o seguinte:

Seguir lendo