Festa da Pita 2011

Un ano máis xa está aquí o Entroido. E demorou un chisco máis do habitual, xa que neste 2011 a lúa da primavera faise esperar, polo que a nosa festa máis querida chega nos días máis altos posibles; o que, por outra parte, apunta a unhas datas moi animadas.

Ao igual que nas edicións anteriores, pedímoslle a un artista destas terras que nos fixese a imaxe da festa. Jacobo L. Nespereira foi o encargado de aportar o seu particular ponto de vista sobre a festa e a máscara. Froito do seu traballo é este cartaz tan chulo.

O programa deste ano é o seguinte:

20 de febreiro.- Domingo Fareleiro
Pola mañá: Colga do meco
Desde as 5 da tarde, máis ou menos: o farelo e a fariña serán os protagonistas na Praza d’As Eiroás. Actuación da Charanga NOVA TERRA.

27 de febreiro.- Domingo Oleiro
Primeiro día de saída oficial das Pitas
Ás 5 da tarde, máis ou menos: Chegan as Pitas coas Olas á Praza das Eiroás.
Xogo das Olas.
Actuación da Charanga OS CHISPAS.

5 de marzo.- Sábado de Entroido
Entre lusco e fusco: Saída do folión que percorre o barrio anunciando a chegada do Entroido

8 de marzo.- Martes de Entroido
Pola mañá.- Pasa-rúas con Pitas, máscaras e músicos anunciando a chegada do Día grande
13 h. Voda da Pita
14 h. máis ou menos: Xantar dos noivos, amenizado pola Charanga CHUNDA-CHUNDA
17 h. máis ou menos: Baile de disfraces, coa Orquestra D’MOMENTO
Apartir das 21 h: Queima do Meco

cartaz colaboradores

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: