Xa ven o Domingo Oleiro

Mañá domingo 27, celebraremos o noso Domingo Oleiro. Esta é a primeira xornada na que fai a súa aparición a Pita, que sai nesta ocasión por 10º ano consecutivo. As primeiras máscaras do noso Entroido serán as encarregadas de achegar as olas até a Praza das Eiroás, para posteriormente dar comezo ao Xogo das Olas. Será ás 5 da tarde e contará coa animación musical da Charanga OS CHISPAS.

 

 

 

Posteriormente, a Pita terá unha nova aparición o Domingo de Entroido (6 de marzo) participando un ano máis fóra de concurso no desfile de Ourense, e o 8 de marzo no día grande da Festa da Pita, participando nos distintos actos do día.

Como xa saberedes, o broche da Pita vai engrosando cada ano con novas cintas de cores que indican a antigüidade de cada máscara ao tempo que lembran un feito relevante do ocorrido ese ano. Nesta ocasión, e por cumprir 10 anos, eleximos a cor aluminio (por aquilo das vodas de aluminio=10 anos) grabada co texto “X aniversario”. Esta será pois, a cinta que incremente o número das colgadas no broche das Pitas que corran o Entroido do 2011.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: