E rematou unha nova edición da Festa da Pita. E van 13. Mesmo sentimos algo de vértixe ao pensar na primeira ou nas primeiras edicións, no ano 1999 e nas numerosas anécdotas, traballos, loitas, noites no local social, conversas cos veciños e coas veciñas que participaran no entroido (daquela Carnaval) de mediados do século pasado…
O caso é que o Martes de Entroido do 2011 chegou traendo a primavera por adiantado. A xornada comezaba pola mañá con un percorrido polo barrio de Pitas e músicos anunciando a chegada do día grande. Ás 13 h. tivo lugar, un ano máis, a Voda da Pita, coa participación de veciñas e veciños, á que seguiu o convite habitual, onde as distintas familias e grupos asistentes compartillaron un momento gastronómico e festivo.
Xa de tarde, houbo espazo para os disfrazes e o baile, até a despedida do Entroido coa queima do Meco, que tivo lugar nesta ocasión xa ben entrada a noite.
Achegamos a continuación algunhas fotos da xornada
Filed under: Uncategorized | Tagged: antroido,as eiroas,carnaval,eiroas,entroido,festa da pita,máscara,meco,pita,pitas,voda da pita | Leave a comment »