Desfile do Entroido

Pasado domingo 6 tiña lugar o desfile do Entroido do concello de Ourense. Un ano máis -e xa van 10- as Pitas participaron na marcha, abrindo o desfile e fóra de concurso.

Aínda que o día estivo case de primavera, con sol e boas temperaturas, unha pequena treboada ameazou no comezo do desfile, que saía ás 6 da tarde do entorno da comisaría. Esta circunstancia, que facía bon o refrán de “se non chove o Domingo Corredoiro, chove o Domingo de Entroido” foi só unha anécdota temporal, que non interrumpiu a saída ás rúas de milleiros de ourensáns.

Agora só cumpría que eses milleiros de persoas saíran disfrazadas/os e participaran dunha das festas máis arraigadas na nosa cidade e provincia. Agardando que vaian chegando imaxes do día, achegamos un par delas.

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: