Festa da Pita 2012

E chega unha nova edición. Nin as axencias de calificación nin as predicións dos maias puderon evitar que, un ano máis, o Entroido xa estea aquí; disposto a facernos vivir momentos inesquecibles e a axudarnos a evadir os nosos problemas cotiáns.

A imaxe deste ano correu por conta do artista e deseñador ourensán Miguel Suárez, que elixe novamente a máscara do barrio como fondo para albergar as datas da festa.

Só resta desexar que gocedes da nosa Festa ou do Entroido aló onde vos atopedes, e se nalgo faltamos…. outro día sobraremos.

A Festa da Pita celebra xa a súa 14ª edición, e mantén a mesma tónica no seu programa, mantendo os días de celebración e agardando a que alguén se lle ocurra ir incrementando a programación. Eis o programa da festa:

05/02 DOMINGO FARELEIRO

Pola mañá.- Recepción do Meco polas autoridades do barrio

Desde as 5 da tarde.- farelo na praza, coa Charanga NOVA TERRA

12/02 DOMINGO OLEIRO

Ás 5 da tarde, máis ou menos.- Chegada das Olas á praza.

Xogo das Olas coa Charanga OS CHISPAS

18/02 SÁBADO de ENTROIDO

Entre lusco e fusco.- Folión do Entroido

21/02 MARTES de ENTROIDO

Pola mañá.- Pasa-rúas con máscaras e músicos

13 h.- Voda da Pita

Xantar dos noivos, coa Charanga CHUNDA-CHUNDA

(Apuntarse no Bar da Comisión antes do Domingo Oleiro)

Baile de disfraces coa Orquestra D’MOMENTO

Concursos e pasarelas de disfraces

Apartir das 9 da noite.- Queima do Meco

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: