Pasaban uns minutos das 5 da tarde cuando un grupo de Pitas, lucindo a fita marela no seu broche e acompañadas da Charanga Os Chispas, facían a entrada na praza d’As Eiroás portando o carro das olas. Facían así a súa primeira aparición no Entroido do 2012 as máscaras d’As Eiroás, quen, despois de xogar a primeira ronda, convidaron aos veciños asistentes a darlles o relevo no xogo.
Este xogo, que consiste en unha roda de persoas que se atiran unha ola de barro entre si, tentando sempre que non escache e rindo de quen a non consiga apañala no ar extendeuse até ver como escachaban -unha a unha- as máis de 50 olas procedentes de Niñodaguia que a organización poñía ao dispor dos asistentes. Houbo olas grandes e pequenas (para maiores e mozos), así como globos cheos de auga, pensados para os máis cativos. Seguir lendo
Filed under: Uncategorized | 2 Comments »