O broche lucirá a cor marela

Do ombreiro do traxe da Pita sae un broche (ou perfura) de coiro que nos indica a antigüidade de cada máscara. No propio broche pode verse o logotipo da asociación e a data na que saiu por primeira vez a máscara completa (2002). Da perfura colgan unhas fitas grosas de cores, cada unha representando o ano en que correu o entroido esa máscara.

A cor de cada fita elíxese en base aos feitos acaecidos ao longo de cada ano, e neste senso, o MARELO será a cor que pendurará do broche neste 2012, pois desde a Asociación Amigas/os da Pita entendemos que 2011 supuxo o ano das revoltas sociais en medio mundo. O norte de África mudou o mapa socio-político e no noso entorno máis próximo (o Estado e mesmo a cidade) vivíronse concentracións emanadas do que se deu en chamar 15-M, que trascendeu a un bon número de países do mundo. Escóllese esta cor por ser unha das 2 cores (xunto ao negro) empregadas por este movimento. Asemade, e seguindo co costume de incluir as iniciais dos bebés nacidos dunha Pita ao longo do ano, a fita deste 2012 incluirá 3 iniciais, por outras tantas crianzas recén chegadas ao mundo no contorno da festa.

Lembrar que as primeiras máscaras poderanse ver n’As Eiroás o Domingo Oleiro (vindeiro 12 de febreiro).

Eis o resto das cores do broche

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: