O Domingo Fareleiro abre a celebración do Entroido na cidade

Pasado domingo 5, tiña lugar o Domingo Fareleiro n’As Eiroás. Con esta celebración abríase o ciclo do Entroido na cidade de Ourense.

Pola mañá procedeuse á recepción oficial do Merkol na praza d’As Eiroás, que este ano disque viña da Alemaña e á que asistiron distintos veciños en representación das autoridades locais, que excusaron -en parte- a súa ausencia por problemas de saúde ou de axenda. Aínda así, o Meco ficou instalado no seu lugar, presidindo a praza e vixiando que o barrio celebre “como é debido” o seu particular Entroido.

Xa de tarde, 200 kg de farelo animaron a xornada, xunto á Charanga Nova Terra, de Trives e, aínda que a participación foi máis ben escasa neste ano, a Festa da Pita comezaba a súa andaina na 14ª edición.

 

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: