Os outros Entroidos da cidade

Pasado xoves tivo lugar no Salón de Plenos do concello de Ourense a presentación oficial do Entroido da cidade. Participaban da mesma, distintas representacións d’A Ponte, Seixalvo e da A. C. Amencer, ademáis d’As Eiroás e os que serán pregoeiros desta edición: Paco Gallego e Manuel Varela.

As diferentes celebracións do Entroido en Ourense, lonxe de competir entre elas, compleméntase perfectamente deixan ás claras a circunstancia de atopármonos en unha cidade na que o ciclo festivo tradicional e o Entroido en particular segue moi vivo, reinventándose e perdurando ao longo dos anos.

Aquí podedes consultar o Programa do Entroido no concello de Ourense e a continuación achegamos os programas de festas d’A Ponte (Frei Canedo) e de Seixalbo (Paquita e Nicanor).

Alí onde esteades, gozade do Entroido!!

FREI CANEDO DA PONTE:
Sábado 18 deFebreiro, apartir das 23.30 h, e até ben entrada a madrugada, Gran Baile de Disfraces amenizado polo grupo orquestal Nova Versión.

Domingo día 19: Día do Polbo e os Nenos, comezarán as actividades apartir das 12:00 horas, coa elaboración de xogos populares para pequenos e grandes. Até as 14.00 h. gozarán da actuación do grupo folk Folgos No Folk. Ás 13:00 h Gran Comilona composta de polbo, carne ao caldeiro, porco ao espeto, pan e viño. O xantar estará amenizado polas charangas participantes.
Apartir das 20:00 h, espectáculos infantís e unha hora máis tarde, repartiranse agasallos par os nenos. Ás 22.30 h dará comezo un Baile Popular amenizado por unha Discoteca Móvil.

Lunes 20 de Febrero: Apartir das 18:00 h. actuación dunha charanga nos arredores da capela para a Xuntanza dos Frades. Apartir das 19:30 h. comezarán os solemnes actos coa purificación do lugar grazas ao Potefumeiro, unha hora máis tarde procederase á saída solemne da procesión de Frei Canedo polas rúas d’A Ponte coa presenza de distintas autoridades convidadas.
Apartir das 22:00 h., Cea dos frades nos solemnes comedores para honrar a Frei Canedo e ás 23.30 h., Tremendo Folión con espectaculares foguetes de artificio. Ao rematar o espectáculo pirotécnico comezará o baile de disfraces por conta do grupo orquestal Futuro, que poñerá o broche final ao Entroido deste barrio.

SEIXALBO (PAQUITA E NICANOR):

Domingo 12 de febreiro, ás 16.00 h. terá lugar a saída dos Entroidos de Paquita e Nicanor, que percorrerán as rúas do pobo, rematando na Praza Maior de Seixalvo. A continuación celebrarase o Xogo das Olas, coa animación musical da Charanga Santa Cecilia.

Venres,17 de febreiro, venres de entroido: participan no pregón da cidade coa participación de Paquita e Nicanor.

Domingo,19 de febrero: Xantar na Praza Maior de Seixalbo. A participación na mesma está aberta previo pagamento de 16 €; amenizada pola Charanga Nova Terra de Trives.

Martes 21 de febreiro: Apartir das 16.00 h. Saída de comparsas polas rúas de Seixalbo até a Praza Maior. Ás 20 h. realizarase o percorrido cos entroidos Paquita e Nicanor e ritual da queima dos mecos. Contarán coa animación das Charangas Mucha Marcha e Santiago Apóstol.

Mércores 22 de febreiro: Pola noite ás 21.30 desde o Parque da Infesta procédese ao Enterro da Sardiña, con procesión polas rúas do pobo e viño e sardinñas ao remate.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: