Alá foron as olas

Pasaban uns minutos das 5 da tarde cuando un grupo de Pitas, lucindo a fita marela no seu broche e acompañadas da Charanga Os Chispas, facían a entrada na praza d’As Eiroás portando o carro das olas. Facían así a súa primeira aparición no Entroido do 2012 as máscaras d’As Eiroás, quen, despois de xogar a primeira ronda, convidaron aos veciños asistentes a darlles o relevo no xogo.

Este xogo, que consiste en unha roda de persoas que se atiran unha ola de barro entre si, tentando sempre que non escache e rindo de quen a non consiga apañala no ar extendeuse até ver como escachaban -unha a unha- as máis de 50 olas procedentes de Niñodaguia que a organización poñía ao dispor dos asistentes. Houbo olas grandes e pequenas (para maiores e mozos), así como globos cheos de auga, pensados para os máis cativos.

Sexa como for, a tarde foi pasando e cara a noitiña só ficaban na praza -baixo unha temperatura verdadeiramente fría- os restos esnaquizados destas olas, ademáis dalgunha pequena lembranza nas mans dos xogadores.

Aquí podedes ver algunha imaxe da xornada

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

2 Respostas

  1. noraboa lois e organización…mantendo as tradicións!!! vivan as Pitas das Eiroás!!

  2. […] Podedes atopar máis información e imaxes nesta ligazón. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: