As Pitas no Entroido da cidade

As múltiples baixas deste ano (ben por maternidade ou por enfermidade) non provocaron que, por 11º ano consecutivo, as Pitas participaran no Desfile da cidade, pasado domingo 19. Cousa á parte foi a circunstancia que estivo a piques de provocar –por primeira vez na existencia da máscara- que non se realizara o percorrido urbán acompañando a todas as comparsas participantes. Tal circunstancia foi a colocación dun grupo de cabalos na dianteira do desfile, que encheron o firme de excrementos e mesmo provocaron algún momento difícil entre os participantes.

Xa van 10 anos desde que lle propuxeramos á organización (Concello de Ourense) que a nosa máscara participaría no desfile sempre que o fixera encabezando o mesmo e fóra de concurso. Queriamo,s deste xeito, promover a participación de máscaras e comparsas no desfile que non viviran a festa como unha competición ao tempo que nos facilitara o noso particular percorrido, con certas dificultades ao irmos correndo na maior parte do mesmo e con escasa visibilidade. Así foi durante todas as edicións… até este 2012, que non sabemos ben polo que, nos atopamos con unha comparsa na dianteira, que por enriba contaba con cabalos. Sen querer criticar a participación deste grupo, antes ben todo o contrario, faise difícil entender o criterio da organización á hora de mudar a orde acostumada sen siquer ternos en conta nin facernos coñecedores deste feito.

Para alén deste feito, que influiu negativamente nos ánimos das Pitas participantes, decidiuse -por esta vez- non abandoar o desfile e participar no mesmo con relativa normalidade.

Por outra parte, as Pitas tamén participaron no Pregón do Entroido, que tivera lugar o venres 17 na praza Maior e posterior percorrido polas zonas vella e do ensanche.

Eis algunhas imaxes destas 2 xornadas:

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: