Baile de máscaras – Martes de Entroido

A tarde do martes estivo marcada –un ano máis- polo baile de máscaras e as pasarelas de disfraces, que foron acompañando a xornada até a noitiña, momento no que o Meco baixou do alto do poste para ser paseado por todo o Campo da festa e despedido polas mozas do barrio. Voltaron a ocupar boa parte da praza numerosos disfraces de diferentes confeccións, realizados con ganas de festa e muita imaxinación.

De reseñar este ano foi o éxito acadado pola tenda de dona Gumersinda -parte importante para o finanzamento da festa-. Neste posto, ademáis de poder solicitar material informativo da festa, podíanse adquirir as tradicionais camisolas ou postais da festa, a Bica da Pita, e –como novidade este ano- uns broches de feltro da máscara ou unhas galletas realizadas en colaboración coa confitaría Milhojas.

Outra novidade deste ano foi o sorteo dunha reproducción de carauta da Pita, realizada coa mesma técnica e materiais das carautas orixinais do traxe, e que recaiu nun veciño do barrio –Ramón– á quen podemos ver na foto xunto á súa esposa e o premio acadado.

Xa de noite, outro veciño, Benito, de Josman, foi o encargado de poñer a parte pirotécnica á despedida do Meco, que ardeu mui ben, por certo que si.

Eis as fotos da tarde

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: