Tecendo redes

A Asociación de Amigas/os da Pita ven de convocar un Obradoiro sobre as redes sociais e a interoperabilidade na rede que pretende achegar o funcionamento das aplicacións web 2.0 ás persoas que conformar dita asociación e á veciñanza do barrio d’As Eiroás e arredores.

O Obradoiro terá lugar os vindeiros sábados 27 de outubro e 10 de novembro no Local Social d’As Eiroás. Para formalizar a inscrición, deberase cumprimentar a ficha que a tal efeito acompaña o cartaz e enviala por correo-e ao enderezo obradoiro.socialmedia@gmail.com ou entregala no Local Social.

A participación no obradoiro será de balde e contamos coa colaboración da A VV As Eiroás