Programa do 2013

festadapita2013Como comentabamos no post anterior, vindeiro domingo o farelo será o protagonista do comezo do Entroido no barrio d’As Eiroás. Fican muitos días de troula até que o Meco probe o lume na noite do Martes de Entroido e, aínda que ven sendo o programa habitual doutros anos, aquí vos deixamos as previsións do presente 2013.

E nesta ocasión aproveitamos para presentar a imaxe deste ano; realizada polo deseñador Iván Bendaña, veciño do barrio e amigo da festa. Iván escolleu 2 elementos patrimoniais do barrio para ilustrar o cartaz: o Pazo d’As Eiroás (principal testemuña das actividades da festa) e a Pita (máscara da festa), empregando na composición as cores da máscara.

27/01 DOMINGO FARELEIRO

Pola mañá.- Recepción do Meco polas autoridades do barrio

Desde as 5 da tarde.- farelo na praza, coa Charanga NOVA TERRA, de Trives.

03/02  DOMINGO OLEIRO

Ás 5 da tarde, máis ou menos.- Chegada das Olas á praza.

Xogo das Olas coa Charanga OS CHISPAS, de Ourense

09/02 SÁBADO de ENTROIDO

Entre lusco e fusco.- Folión do Entroido

12/02 MARTES de ENTROIDO

Pola mañá.- Pasa-rúas con máscaras e músicos

13 h.- Voda da Pita

Xantar dos noivos, coa Charanga LOS ESTUPENDOS BURRUÑOS DE LA MORRALLA, de P. de Mallorca. (Apuntarse no Bar da Comisión antes do Domingo Oleiro)

Baile de disfraces coa Orquestra D’MOMENTO

Concursos e pasarelas de disfraces

Apartir das 9 da noite.- Queima do Meco

A festa é posíbel -en boa medida- grazas aos comerciantes da zona, que malia pasar momentos difíciles, apoian a celebración da festa un ano máis.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: