Martes de Entroido

noivos-2013O día grande da Festa da Pita 2013 foi o pasado martes 12. A xornada comezaba con choiva, circunstancia que, unida ao feito de non ter aínda montada a carpa, facía presaxiar un día longo e con muitos imprevistos. Finalmente todo se foi compoñendo (menos o tempo) e fóronse desenvolvendo as actividades conforme o programa previsto.

Antes das 12 do mediodía, as Pitas e a Charanga Los Estupendos Burruños de la Morralla percorrían o barrio para anunciar a chegada do día grande. Remataba este pasa-rúas na praza d’As Eiroás por volta das 13 h. para asistir a unha nova edición da Voda da Pita, que recibiu a visita Real de d. Juan Carlos I, ademáis de contar con diversas intervencións telefónicas, entre elas do propio presidente da Deputación. A xa habitual representación popular que pretende render homenaxe -en ton sarcástico- aos viúvos que casaban na metade do século pasado e deran orixe den pretendelo ao Entroido d’As Eiroás tamén gardaba un lugar para a recente renuncia do Sumo Pontífice, querendo colocar no Vaticano ao crego que oficia a cerimonia no noso barrio.

Máis de 150 persoas participaron no convite dos noivos, enchendo as mesas por baixo da carpa de comida e de animación coa música de Los Estupendos Burruños e do grupo de Pandereteiras/os Quen che dera.

Así as cousas, foron pasando as horas até as 17 h. na que deu comezo o baile de máscaras, coa Orquestra D’Momento e os concursos e pasarelas de disfraces.

A continua choiva da tarde non foi quen de deslucir nin de esgotar o ánimo de veciñas e veciños que vivían o seu particular Entroido até a Queima do Meco, xa case ás 10 da noite.

Eis algunhas imaxes da xornada

This slideshow requires JavaScript.

 

//

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: