Xa chegou o Maio
deica As Eiroás
cunha man por diante
e a outra por tras.
E despois duns cuantos anos sen celebrar a festa da primavera n’As Eiroás, voltamos a subir ao monte a facer escolla daqueles vexetais que vexamos máis acaídos para festexar a explosión de cores, aromas e sabores en que se converte a natureza nestas datas. Con el confeccionaremos o Maio, que se expoñerá ao longo do domingo 5 na rúa do Paseo dentro da programación que a Concellaría de Educación e Cultura ten preparado para a presente edición desta Festa de Interese Turístico.
Filed under: Uncategorized | Leave a comment »