Maios 2013

maios2000Xa chegou o Maio

deica As Eiroás

cunha man por diante

e a outra por tras.

E despois duns cuantos anos sen celebrar a festa da primavera n’As Eiroás, voltamos a subir ao monte a facer escolla daqueles vexetais que vexamos máis acaídos para festexar a explosión de cores, aromas e sabores en que se converte a natureza nestas datas. Con el confeccionaremos o Maio, que se expoñerá ao longo do domingo 5 na rúa do Paseo dentro da programación que a Concellaría de Educación e Cultura ten preparado para a presente edición desta Festa de Interese Turístico.

Por suposto, as labouras de elaboración están abertas á participación de quen quiser. A tal fin, combinamos mañá sábado ás 10 h. no Local Social para ir na procura dos vexetais e, xa de volta, procederemos a iniciar e construcción e decoración do Maio d’As Eiroás.

Mentres vai chegando o momento, podedes ir escoitando a fermosa canción de L. E. Batallán

//

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: