Entroido no CEIP de Covadonga

IMGP6251Onte xoves, foi o CEIP Manuel Luis Acuña, na Carballeira, quen acolleu unha xornada de presentación da Festa da Pita. Escolares de distintos cursos puideron coñecer de perto a historia da festa e da nosa máscara. Grazas ao equipo do centro por acollernos tan ben.

Hoxe venres as nenas e os nenos do CEIP Virxe de Covadonga celebraron o Entroido. Este ano, a nosa festa e a nosa máscara tiveron unha especial relevancia nas 2 unidades do centro, pois os escolares foron os encargados de decorar as olas que xogamos no Domingo Oleiro e escolleron un disfraz de Pita para participar hoxe na festa. Complementaron a festa cun “Testamento da Pita”, no que lle deron un repaso en verso á actualidade da escola. Grazas, máis unha vez, ao equipo directivo, ao claustro de profesoras/es e ás/aos alumnas/os do centro por seren xa unha Escola amiga da Festa da Pita.

Eis algunhas imaxes desta mañá na Unidade d’As Eiroás: Seguir lendo

Advertisements

A voda da Pita

CIMG1453Hai unhas semanas sorprendeunos a última nova chegada desde Madrid limitando dun xeito taxante (por non empregar outra expresión) os usos do uniforme de garda-civil. Despois dun primeiro momento no que ninguén podía crer que este regulamento fora verdade (como se non houbera cousas das que ocuparse ben máis importantes e urxentes), fomos encaixando pouco a pouco a OM 77/2014, con pesar -polo que parece representar- mais tamén con humor.

Dentro da Voda da Pita, que celebramos o Martes de Entroido na praza d’As Eiroás, o personaxe do garda-civil constitúe pouco o símbolo daquela autoridade que detivo a festa en máis dunha ocasión (nos anos 60) e que coa chegada da democracia (representada na propia obra polas Pitas, símbolo da festa recuperada), se reconcilia e participa co pobo da súa vida e das súas celebracións.

Ante este panorama, comezaron as propostas de “renovación” do personaxe mentres -de xeito paralelo- solicitamos a autorización para o uso do uniforme de garda-civil na nosa obra, atendendo ao artigo 7.3 da Orde Ministerial.

Non sabemos aínda que nos van respostar, nin siquer sabemos se nos van respostar… Nin está claro aínda o que pasará co garda-civil o Martes. O que si temos claro, é que a voda vai ter lugar -como sempre- ás 13 horas do vindeiro martes de Entroido, e este ano aínda cun pouco máis de ganas.

Agardamos que non se lles dea tamén por prohibir tamén os uniformes de médicos, militares, enfermeiras/os e curia, porque entón ou acaban co Entroido ou acabamos nós con eles. Aquí vos deixamos un teaser da voda, gravado no ensaio do pasado fin de semana.

E as olas viñeron e fóronse

IMGP6087Alá foi o Domingo Oleiro. A choiva voltou a dar unha tregua para que poideramos vivir o Entroido dun xeito un chisco máis desenfadado e verdadeiramente que tivemos unha tarde moi agradábel n’As Eiroás. Con bon ambiente, desenfado e os primeiros disfraces que se achegaron até a praza a xogar coas olas que pintaron as nenas e nenos do barrio e arredores.

Ás olas pintadas no CEIP Virxe de Covadonga, engadíronse as decoradas na tarde de onte sábado no local social. Seguir lendo

Preparando as olas

eiroas5Xa ven o Domingo Oleiro e temos que ir pensando en preparar as olas, como facemos habitualmente. Este ano tivemos un apoio mui importante, os escolares do CEIP Virxe de Covadonga deseñaron e pintaron a maior parte das olas que se han escachar o domingo na praza.

Esta mesma mañá, membros da Comisión de festas visitaron as 2 unidades deste centro de ensino par recoller as olas que xa tiñan decoradas. Participou tamén do acto de entrega a Concelleira de Cultura e Educación, Ana Garrido.

Nas fotos podemos ver distintos momentos da entrega, así como algúns dos fermosos deseños escollidos polas nenas e nenos do centro. Seguir lendo

Non era auga o que chovía

IMGP6045E foi chegar o Entroido ás Eiroás e parar de chover. Polo menos auga, que outra cousa máis seca pululaba polo ambiente da praza ao longo da tarde.

Pola mañá, a Meca chegou ao barrio, onde foi recibida por parte das autoridades do barrio, coas honras que a súa posición merecía. Despois de trepar pola farola e ocupar o seu sitio na presidencia da praza, botou unha sestiña agardando a que comezara a xornada vespertina. Seguir lendo

O Meco xa pasea polo barrio

2014-02-14-1530Os obxectivos dos nosos reporteiros a pé de rúa captaron unhas imaxes nas últimas horas que nos fan pensar que este ano vai ser Meca e non Meco que vai presidir o Entroido d’As Eiroás. Na imaxe pódese observar un momento do paseo vespertino polos arredores do pazo no que foi sorprendida a sra. Meca.

Aínda que non está clara a razón desta decisión, os comentarios de corredor apuntan a un acto reivindicativo do mesmísimo Entroido sobre o dereito a decidir das mulleres no seu propio corpo.

Por outra parte, tamen nos comunican fontes fidedignas que este ano foi a familia Velón a encargada de “asesorar” no aspecto e imaxe desta figura querida, cuxa chegada agradamos no barrio para o vindeiro domingo despois das 12 do mediodía.

Programa 2014

OLYMPUS DIGITAL CAMERAXa está aquí. Un ano máis -e van 16- chega a antesala do Entroido ás Eiroás, un chisco máis tarde do habitual, pois neste ano 2014 a primeira lúa chea da primavera hase facer esperar.

Vindeiro domingo, pois, comeza a celebración da nosa festa máis querida en todo o término municipal do concello de Ourense. O programa deste ano é o seguinte:

Seguir lendo