Preparando as olas

eiroas5Xa ven o Domingo Oleiro e temos que ir pensando en preparar as olas, como facemos habitualmente. Este ano tivemos un apoio mui importante, os escolares do CEIP Virxe de Covadonga deseñaron e pintaron a maior parte das olas que se han escachar o domingo na praza.

Esta mesma mañá, membros da Comisión de festas visitaron as 2 unidades deste centro de ensino par recoller as olas que xa tiñan decoradas. Participou tamén do acto de entrega a Concelleira de Cultura e Educación, Ana Garrido.

Nas fotos podemos ver distintos momentos da entrega, así como algúns dos fermosos deseños escollidos polas nenas e nenos do centro.

Recibimos tamén unha nova tamén mui especial. Todas as nenas e todos os nenos do CEIP Virxe de Covadonga vanse disfrazar de Pita no Entroido escolar, que terá lugar o vindeiro venres 28.

Quixemos tamén recoñecer o traballo deste centro, creando unha nova figura de recoñecemento na festa e nomeando ás 2 unidades deste colexio “Escolas amigas“. Muitas grazas ao equipo directivo do centro, ao claustro de profesores e mui especialmente aos escolares que lle emprestaron o seu apoio a esta edición da Festa da Pita.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: