E as olas viñeron e fóronse

IMGP6087Alá foi o Domingo Oleiro. A choiva voltou a dar unha tregua para que poideramos vivir o Entroido dun xeito un chisco máis desenfadado e verdadeiramente que tivemos unha tarde moi agradábel n’As Eiroás. Con bon ambiente, desenfado e os primeiros disfraces que se achegaron até a praza a xogar coas olas que pintaron as nenas e nenos do barrio e arredores.

Ás olas pintadas no CEIP Virxe de Covadonga, engadíronse as decoradas na tarde de onte sábado no local social.

Un ano máis foron as primeiras Pitas as que trouxeron o carro das olas até a praza. E fixérono lucindo a fita branca e negra no seu broche, que simboliza ao ano 2014, ademáis de seren as encargadas de abrir o tradicional xogo das olas.

Despois, olas grandes, olas pequenas e globos de auga voaron e escacharon no chan, mentres soaba a Charanga Os Chispas, que lle aportou a sonoridade e a musicalidade a esta fermosa tarde. Eis algunhas imaxes da xornada:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: