Programa 2015

DSC_0276E arrincamos. Este ano o comezo da Festa da Pita vai coincidir coa celebración das Candelas por parte dos veciños e amigos de Cudeiro. Xa contamos coas benzóns pertinentes das nosas autoridades, polo que botaremos a andar mañá domingo, tendo programada a recepción do Meco para un pouco antes do xantar e dando a saída da celebración do Entroido en todo o término municipal do Concello de Ourense. O programa deste ano é o seguinte: Seguir lendo

Imaxe da Festa da Pita 2015

ImprimirEntre os elementos que rodean Festa da Pita, é de salientar o feito de que cada ano un artista da nosa cidade ou provincia nos agasalla coa súa visión gráfica da nosa celebración

Procuramos con isto unha visión gráfica da festa por parte dos creativos do noso entorno, que se erixen así como colaboradores da mesma, aportando un abano heterodoxo de imaxes de calidade, que conforman o que puder ser unha serie de “carteis de colección”. Con este van 12 anos desde que comezamos a gozar destas colaboracións, podes ver aquí todos os carteis das edicións anteriores.

Para 2015, e despois duns pequenos atrancos sobre a previsión inicial, Xosé Lois Vázquez “Che” xoga coas cores básicas da nosa máscara e con un pormen or da máscara da Pita exercendo como altofalante do anuncio da festa.

Grazas, Che, máis unha vez, polo teu traballo.