Programa 2015

DSC_0276E arrincamos. Este ano o comezo da Festa da Pita vai coincidir coa celebración das Candelas por parte dos veciños e amigos de Cudeiro. Xa contamos coas benzóns pertinentes das nosas autoridades, polo que botaremos a andar mañá domingo, tendo programada a recepción do Meco para un pouco antes do xantar e dando a saída da celebración do Entroido en todo o término municipal do Concello de Ourense. O programa deste ano é o seguinte:

 

1 de febreiro.- Domingo Fareleiro
Pola mañá: Recepción do Meco por parte das autoridades locais.
Desde as 5 da tarde, máis ou menos: o farelo e a fariña serán os protagonistas na Praza d’As Eiroás. Actuación da Charanga OS CALIQUEÑOS.

8 de febreiro.- Domingo Oleiro
Primeiro día de saída oficial das Pitas
Ás 5 da tarde, máis ou menos: Chegan as Pitas coas Olas á Praza das Eiroás.
Xogo das Olas.
Actuación da Charanga OS CHISPAS.

14 de febreiro.- Sábado de Entroido
Entre lusco e fusco: Saída do folión que percorre o barrio anunciando a chegada do Entroido

17 de febreiro.- Martes de Entroido
Pola mañá.- Pasa-rúas con Pitas, máscaras e músicos anunciando a chegada do Día grande.
Apertura do Mercadiño de dona Gumersinda
13 h. Voda da Pita
14 h. máis ou menos: Xantar dos noivos, amenizado pola CHARANGA DO 21
17 h. máis ou menos: Baile de disfraces, coa Orquestra D’MOMENTO
Apartir das 21 h: Queima do Meco

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: