Mantívose despexada toda a xornada do Martes de Entroido nas Eiroás. Despexada e cun certo airiño fresco que nos vai axudar a manter a pel tersa e suave como adoitamos por estes lares.
Un ano máis, comezaba o Martes xa de mañá cun percorrido de músicas e máscaras polo barrio anunciando a chegada do día grande e convocando á veciñanza na Praza das Eiroás onde, puntualmente á 1 da tarde, tiña lugar a Voda da Pita, que non quixeron perderse diversos convidados especiais, tais como Pablo Iglesias, o pequeno Nicolás ou o presidente da Asociación de Políticos Corruptos.
Despois veu o xantar popular, o Pita Chef (unha pequena mostra do que pode ser un concurso que se repita en posteriores edicións) e, xa pola tarde, o baile de máscaras e concurso de disfraces, que se foi animando máis e máis conforme ía avanzando o día até rematar despedindo o Entroido do xeito que vimos facendo nas Eiroás desde hai 17 anos, é dicer, queimando o Meco que, este ano contou co asesoramento de imaxe das familias Sánchez-Morenza e Portela-Álvarez. Eis unha extensa reportaxe gráfica da xornada:
Filed under: Uncategorized | Tagged: antroido,carnaval,eiroas,entroido,festa da pita,martes de entroido,meco,ourense,pita chef,pitas | Leave a comment »