#JeSuis…

broche3Do ombreiro do traxe da Pita sae un broche (ou perfura) de coiro que nos indica a antigüidade de cada máscara. No propio broche pode verse o logotipo da asociación e a data na que saiu por primeira vez a máscara completa (2002). Da perfura colgan unhas fitas grosas de cores, cada unha representando o ano en que correu o entroido esa máscara.

A cor de cada fita elíxese en base aos feitos acaecidos no ano anterior, e neste senso, unha fita especial pendurará do broche neste 2015, pois será o primeiro ano no que as fitas de cada Pita poderán ser distintas. Ao longo do último ano, nomeadamente na parte final -consecuencia dos atentados de París contra da revista Charlie Hebdo– vimos observando a fraxilidade da liberdade de expresión. A deshumanización duns asesinos ou as medidas adoitadas en consecuencia que, muitas das veces, coartan os nosos dereitos fundamentais, fan que nos prantexemos distintas cuestións que queriamos reivindicar e ter presentes na fita deste ano 2015: até onde podemos satirizar, de que nos podemos rir, sobre que podemos opinar, que páxinas web ou medios podemos visitar, de que ideoloxías ou crenzas deben ser o noso circo de amizades…

Escollemos a cor BRANCA CRÚA para poder escribir sobre ela a idea ou frase coa que máis se identifique cada Pita, de manufactura propia ou allea. A maiores, a fita deste ano levará unha letra “C” pois tamén neste ano veu ao mundo Candela, a quen recibimos con ledicia e agarimo.

As primeiras máscaras poderanse ver n’As Eiroás hoxe Domingo Oleiro achegando as olas á praza.

Aquí pódese facer un repaso das distintas fitas e do seu significado que representan aos 14 anos de antigüidade

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: