Oliñas veñen e van

oleiro2015-13Un ano máis, as olas escacharon na praza das Eiroás. Unha tarde de domingo fría pero soleada permitiu que a veciñanza puidera achegarse á praza para participar desta xornada lúdica; iso si, máis como espectadores que como participantes do xogo.

Gozamos pois dun bon ambiente, desenfado e as primeiras mascaradas que se puideron ver no barrio.

Este ano, as olas estaban decoradas por escolares do CPR Divino Maestro e por nenas e nenos do barrio, que se achegaron até o local social na tarde do sábado.

Como de costume, foron as primeiras Pitas do ano as que trouxeron o carro das olas até a praza. E fixérono lucindo a fita pola liberdade de expresión que representa ao ano 2015, ademáis de seren as encargadas de abrir o tradicional xogo das olas.

Despois, olas grandes, olas pequenas e globos de auga voaron e escacharon no chan, mentres soaba a Charanga Os Chispas, que lle aportou a sonoridade e a musicalidade a esta fermosa tarde. Eis algunhas imaxes das xornadas do sábado e do domingo:

 

Obradoiro de pintado das olas:

Domingo Oleiro, na praza:

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: