Unha ducia de Pitas

cartaz_expoNos últimos 12 anos, a Festa da Pita contou coa colaboración de diversos artistas e deseñadores ourensáns, que aportaron a súa visión particular da festa e da máscara no cartel que promocionaba cada ano o Entroido deste barrio ourensán. Estes traballos conforman hoxe un abano heteroxéneo da iconografía do noso Entroido e unha mostra de interese artístico. Os carteis e os nomes dos autores (a quenes seguimos enormemente agradecidos) podedes velos neste apartado do web .

A mostra lévase adiante froito dun convenio de colaboración asinado entre o Centro Deportivo Serviocio Ourense e a Asociación das/os Amigas/os da Pita, e inclúe un programa de actividades que achegan o Entroido d’As Eiroás aos usuarios deste centro.

Ademáis de Serviocio, a mostra conta coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense e compleméntase coa exposición dunha máscara completa da Pita e con distintos elementos propios da festa e do traxe.

Inclúese esta mostra no marco dun convenio de colaboración asinado entre as 2 entidades (Amigas/os da Pita e Serviocio) que programou para estas datas –ademáis da propia exposición- unha presentación da festa e un obradoiro de manualidades.

Pode visitarse desde xa nas instalacións do C.D. Serviocio Ourense, sitas na R/ do Sol, nº 1 (As Eiroás), e permanecerá aberta até o vindeiro 28 de febreiro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: