O 2016 vainos traer un Entroido moi temperán, así que arrincade cos preparativos, non vaia a ser que nos sorprenda dona Coaresma e nos lembre que de burro morto, cebada ao rabo.
Nesta edición, queremos convocar un curso-obradoiro sobre o Entroido en xeral e a máscara da Pita en particular, dándolle un contido un chisco máis global aos obradoiros que se realizaran en anos anteriores para a elaboración de traxes.
O curso -que conta coa colaboración da Consellaría de Cultura, Educación e O.U. da Xunta de Galicia- dará comezo vindeiro 4 de decembro e o prazo de inscrición (con prazas limitadas) está aberto até o día anterior (3 de decembro), cumprimentando e enviando por correo-e esta ficha de inscricion
Filed under: eiroas,entroido,Uncategorized | Tagged: curso,eiroas,obradoiro | Leave a comment »