Así foi o Martes do 2016

martes-entroido-2016-8Un ano máis -e van 18- chegaba a xornada do Martes de Entroido para fechar unha nova edición da Festa da Pita. Facíao nesta ocasión un pouco mollada e venteada de máis, obrigándonos a reubicar o escenario da Voda e a darlle unha capa de verniz hidrófugo aos nosos disfraces. Non nos saíron escamas, co cal xa nosa damos por satisfeitos.

A habitual ruada que máscaras e músicos fan polo barrio houbo que suspendela, permanecendo baixo a carpa da praza das Eiroás. O mesmo lugar onde á 1 en punto da tarde daba comezo a Voda da Pita, que este ano tamén contou con convidados especiais e con multiples guiños á actualidade local e estatal. Xa no comezo da cerimonia irrumpían na mesma os esmorgantes Bocas, Milhomes e Cibrán, perguntando se había titiriteiros perigosos entre os participantes e apoiando á veciñanza na cinzarrada aos noivos. Máis tarde, a veciña -que representa na voda á voz do barrio- mantén un bebé no colo mentres proclama que estamos “desconectados” despois de crear un partido chamado Xuntos porque si. Por último, un Iñigo Errejón que aparece montado en patinete atendendo a un WathsApp enviado pola monxa, accede a contraer matrimonio con ela despois de recibir o permiso de Pablo. Polo medio, unha “falsa” chamada á Moncloa e múltiples alusións á suite 505 do Hotel Francisco II (onde este ano se coñeceron os noivos), complementaron o guión da representación, que viu como os nosos queridos Antonio e Gumersinda voltaban casar un ano máis.

Seguir lendo