Así foi o Martes do 2016

martes-entroido-2016-8Un ano máis -e van 18- chegaba a xornada do Martes de Entroido para fechar unha nova edición da Festa da Pita. Facíao nesta ocasión un pouco mollada e venteada de máis, obrigándonos a reubicar o escenario da Voda e a darlle unha capa de verniz hidrófugo aos nosos disfraces. Non nos saíron escamas, co cal xa nosa damos por satisfeitos.

A habitual ruada que máscaras e músicos fan polo barrio houbo que suspendela, permanecendo baixo a carpa da praza das Eiroás. O mesmo lugar onde á 1 en punto da tarde daba comezo a Voda da Pita, que este ano tamén contou con convidados especiais e con multiples guiños á actualidade local e estatal. Xa no comezo da cerimonia irrumpían na mesma os esmorgantes Bocas, Milhomes e Cibrán, perguntando se había titiriteiros perigosos entre os participantes e apoiando á veciñanza na cinzarrada aos noivos. Máis tarde, a veciña -que representa na voda á voz do barrio- mantén un bebé no colo mentres proclama que estamos “desconectados” despois de crear un partido chamado Xuntos porque si. Por último, un Iñigo Errejón que aparece montado en patinete atendendo a un WathsApp enviado pola monxa, accede a contraer matrimonio con ela despois de recibir o permiso de Pablo. Polo medio, unha “falsa” chamada á Moncloa e múltiples alusións á suite 505 do Hotel Francisco II (onde este ano se coñeceron os noivos), complementaron o guión da representación, que viu como os nosos queridos Antonio e Gumersinda voltaban casar un ano máis.

Despois tiña lugar o xantar popular, amenizado pola Charanga Brisas do Miño, que xa levaba con nós desde as primeiras horas da xornada. Tamén tivo lugar a 2ª edición do Mercado de dona Gumersinda, que achegaba distintos produtos que complementaban a festa.

Xa de tarde, pudemos gozar de boa compañía e de muitos disfraces (aínda que menos do que outros anos) na praza das Eiroás. Para a pasarela e concursos de disfraces, contamos coa colaboración do xornal La Región e do Auditorio de Ourense para ofrecerlle presentes aos disfrazados.

Xa de noite, chegou o momento de baixar o Meco, que presidía a praza desde o Domingo Fareleiro e que contara neste ano co asesoramento de imaxe da familia Gutiérrez-López. Foi despedido como se merece, con unha boa cacharela e con pirotecnia da man do Benito de Josman.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: