Exposición sobre máscaras europeas

affiche-web

Entre os días 2 e 11 de decembro, o Espazo Cultural das Artes da máscara, situado no distrito 19 parisino, acollerá a segunda edición do proxecto intercultural “Máscaras e carnaval”.

A exposición presentará diversas festas de máscaras europeas localizadas en distintos puntos de Franza, Inglaterra, Italia ou Eslovenia, así como Catalunya e Galiza dentro do Estado español.

Na mostra terán unha especial relevancia os artesáns e creadores de máscaras, propoñéndolle ao público francés a descuberta dos obradoiros onde se realizan carautas e máscaras con materiais tan diferentes como a madeira, o metal, a pel, o feltro, o papel, o estuque, o papel-maché ou o papel prensa. No que atinxe ás máscaras galegas, haberá espazos para o Peliqueiro de Laza, o Cigarrón de Verín, a Pantalla de Xinzo de Limia, a Pita das Eiroás (Ourense) e o Volante e o Peliqueiro do Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada).

A exposición é froito do traballo de investigación de Candice Moise, escenógrafa, fabricante de máscaras e autora -desde o ano 2009- dun blog sobre máscaras do mundo. O pasado ano, comezaba un roteiro por Europa para coñecer e investigar as mascaradas tradicionais, os Entroidos e outras festas de disfraces, compartindo na mostra as súas experiencias através de paneis con información e imaxes dos lugares enriba sinalados. Fascinada pola historia e a estética das máscaras populares, centra o seu traballo nas tradicións da vida europea do século XXI. Os lugares que terán o seu propio espazo dentro da mostra son:
Trèves (Gard – Franza). Petassou.
Venecia (Italia). O novo Carnaval.
Rodda (Friul – Italia). O Pust.
Ptuj (Eslovenia). Kurentovaje.
Cerkno (Eslovenia). Máscaras de madeira reinventadas na década dos 50.
Dreznica (Eslovenia). Aldea con unha tradición moi preservada de Pust.
Minehead (Somerset – Reino Unido): Hobby Horse.
Hastings (Sussex – Reino Unido): Jack-in-the-green.
Berga (Catalunya – España). Patum.
Xinzo de Limia (Galiza – España): Pantalla.
Verín (Galiza – España): Cigarrón.
Laza (Galiza – España): Peliqueiro.
As Eiroás-Ourense (Galiza – España): Pita
Santiago de Arriba-Chantada (Galiza – España): Volantes e Peliqueiros
Outro panel con máscaras doutros lugares, non visitados pola autora (Candice Moise), aínda que ocn máscaras retratadas por ela mesma en distintos eventos (Viana do Bolo, Bande, Sande…)

Complementan as fotografías da autora, outras imaxes cedidas por Alberte Paz e Lois Pardo sobre algúns Entroidos galegos.

Ademáis do material gráfico e expositivo, a exposición contará con diversas actividades complementarias, que encherán os 10 días que dure a mostra, tais como un baile de máscaras, contos tradicionais e mesmo unha festa con música e baile tradicionais galegos, que terá lugar o día 11 e contará coa colaboración da Asociación España en París.

O Espace culturel des Arts du masque está situado no distrito 19 da capital francesa. Creado pola Compañía Varsorio, é un lugar para o diálogo e o troco de información, aberto a todos os públicos. Á parte da programación cotiá, conta con un centro de recursos, un centro de investigación e creación e un centro de educación. Creado para promover as máscaras teatrais e todo tipo de máscaras en xeral, constitúe un centro cultural onde se desenvolven proxectos locais relacionados coa súa área de implantación.

Ficha técnica da exposición
Título: Carnet de voyages, masques de carnaval
Duración: Do 2 ao 11 de decembro
Lugar: Espace culturel des Arts du masque
Enderezo: 32 Rue de la Solidarité. Paris 19e
Horario: De mércores a domingo das 15 h. ás 19 h..
Visita guiada pola autora cada hora.

 

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

2 Respostas

  1. boas foi unha hora participar en esta expo na medida da nosas posibilidades podedes ver as fotos do evento en
    https://www.facebook.com/espanaenparisactualidad/
    http://espana-en-paris.com/
    por suposto non faltaron productos galegos e a musica do grupo Os Paiños para clausurar esta expo
    saudos agarimosos dende a emigracion

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: