Xa ten chovido algo desde aquela primeira edición na que un pequeno grupo de veciñas e veciños do barrio, acompañados polos amigos da xa tristemente desaparecida Agrupación Folclórica Foula, xogaban até escachar as 6 olas de barro e algunha que outra cunca do mesmo material.
Onte, 18 anos despois daquel 7 de febreiro do 1999, eran 60 as olas chegadas do Alto do Couso que protagonizaron unha xornada soleada e moi agradábel na praza das Eiroás.
Acompañáronnos algúns mozos e mozas das novas Escolas amigas da Pita e a Charanga Os Chispas, que amenizou musicalmente a tarde. Gozamos pois dun bon ambiente, dun clima desenfadado e das primeiras mascaradas que se puideron ver polo barrio.
Seguir lendo
Filed under: Uncategorized | Tagged: antroido,carnaval,eiroás,entroido,festa da pita,festadapita,oleiro,ourense | Leave a comment »