Farelo frío

2017-02-12-domingo-fareleiro_55A xornada de onte veu disfrazada de frío e choiva, circunstancia esta que non impediu que arrincaramos con unha nova edición do Entroido nas Eiroás. Cómpre moito que chova e, aínda que nos cause algún atranco, imos dalo por ben feito.

Pola mañá, as autoridades do barrio recibían ao sr. Meco, que viña un pouco enguruñado co frío e máis coa idade xa avanzada. Tal era así, que decidimos axudalo a subir á farola desde a que vai presidir a festa e -de paso- axudarnos a escorrentar ao xabarín que tódolos días mexe e remexe a terra dos parques pero nunca acaba de botar as patacas. A familia Pérez González -asesores de imaxe neste 2017- fixo as honras de colocar ao Meco no seu lugar de honra, co que dabamos por iniciada a 19ª edición da Festa da Pita.

Xa pola tarde, entre choivas e fríos que viñan “darriba”, os poucos asistentes deron boa conta do farelo, repartíndoo solidariamente entre o resto de participantes. Velaquí unhas poucas fotos da xornada.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: