Domingo Oleiro

olas-2017

Hoxe domingo poderemos ver as primeiras Pitas nas Eiroás. Estas máscaras máis madrugadoras serán as encargadas de achegar o carro das olas á praza, onde terá lugar o xogo que centra a actividade da xornada de hoxe no barrio. Este ano contaremos con olas decoradas por escolares das novas Escolas amigas da Pita: CEIP Manuel Luis Acuña e CEIP O Couto, ademáis das mozas e mozos das Eiroás. Nos vindeiros días, iremos subindo ao apartado das escolas amigas un resumo de imaxes das visitas a estes centros.

Será apartir das 5 da tarde cando o carro das olas entre na praza, acompañado das Pitas e da Charanga Os Chispas, que amenizará o xogo de pequenos e maiores ao longo da tarde.

COR DA FITA

A cor escollida neste 2017 para pendurar do broche das fitas é o MARRÓN, co que queremos chamar a atención sobre a importancia das migracións humanas e do diálogo intercultural para a evolución e a mellora da especie. Marrón porque nos acerca aos ciclos vitais, á terra, á natureza… lémbranos cuais son as nosas raíces, as nosas orixes e fainos recapacitar cobre as pouquísimas cousas que en realidade son imprescindibles e necesarias.

Os períodos de crise e de mudanzas son aproveitados por persoas e institucións ególatras e xenófobas (en muitas ocasións, os verdadeiros responsables da mala situación económica) para tentar infundir na sociedade o odio e o medo ao descoñecido, provocando unha situación totalmente antinatural de feche de fronteiras e rexeitamento aos movementos migratorios (como se á fame, aos sentimentos ou ao medo se lle puderan poñer portas). Se a humanidade tal e como a coñecemos foi consecuencia -en boa medida- das migracións que propiciaron o coñecemento, a multiculturalidade e a evolución da especie, cómpre chamar a atención sobre o erro global que estamos a cometer ao convertérmonos en excesivamente proteccionistas dos distintos ámbitos xeográficos e políticos, chegando a permitir que milleiros de nenas e nenos morran cada mes ás portas da nosa casa. Gastar cantidades que exterminarían a fame do planeta en evitar que o ser humán se mova libremente polo mundo é unha medida que só pode xogar na contra da nosa evolución como especie.

Podedes ver aquí todas as cores que penduran do broche de coiro da nosa máscara, así como o ano e os motivos que representa

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: