Martes de Entroido

Queriades auga? Pois velaí foi, para regar unha terra que xa nin lembra onde quedaron a metade dos nacentes das súas fontes. Disque “en martes e trece nin te cases nin te embarques“, pero nas Eiroás atrevímonos a casar e -a pouco máis- tivemos que embarcar coa cantidade inxente de auga que se acumulou na praza. Así a todo, alá vai unha nova edición da Voda e da festa. 20 anos botando foguetes que dan para moito, para bos momentos e para momentos aínda mellores.
Arrincaba a xornada sen poder facer o percorrido polo barrio, por causa da moita choiva que caía antes do mediodía. Soaban os teléfonos perguntando se ía haber Voda da Pita, e a resposta era sempre a mesma: “Nunca deixou de facerse”. Seguir lendo

Advertisements

Desfilando por Ourense

A xornada do Domingo de Entroido comezaba ameazando con choiva que, por momentos, se facía máis forte. Aínda así, as ganas e as intencións de todas as persoas participantes no Desfile de Ourense non ían permitir que unha pouca auga lles impedira realizar o xa habitual percurso desde As Lagoas até a Praza maior.
Minguadas polos virus, as Pitas tamén acudiron -un ano máis- a este desfile, co que suman xa 17 anos encabezando o desfile da capital do Entroido.
E, por certo, recado para quen corresponda: se a praza Maior se fai pequena, haberá que ir pensando noutra ubicación, ou? Que o concello de Ourense abrangue máis territorio do que as 8 rúas do centro da cidade. A dificultade de deixar as comparsas, do acceso á praza, mesmo das saídas… Cada ano faise máis difícil ter que convivir cos novos “atrancos” que se crean desde a Administración sen aportar solucións que cheguen ao mesmo tempo.
Velaquí algunhas imaxes do día: Seguir lendo

Domingo Oleiro

Este pasado domingo, un ano máis, chegaban as olas á praza das Eiroás da man das Pitas. Estas -ademais- eran as encargadas de xogar a primeira ola e ir introducindo o xogo entre as persoas asistentes.
Nesta ocasión, non temos moitas imaxes da xornada. De todos xeitos, queremos compartir con vós estas poucas.

Seguir lendo

A fita do 2018

A cor escollida neste 2017 para pendurar do broche das fitas é semellante á do ano anterior, MARRÓN ESCURO, aínda que coa particularidade de ser moito máis estreita. Queremos chamar a atención sobre o incremento da desigualdade no noso contorno e no conxunto do Estado, feito que por primeira vez desde que comezara a conquista dos dereitos laborais, provoca que haxa traballadores activos no limiar da pobreza: un posto de traballo non garante poder chegar a fin de mes. Seguir lendo

Volveu farelar nas Eiroás

Así foi o Domingo Fareleiro nas Eiroás. A xornada comezaba xa de mañá coa chegada do Meco e a habitual recepción por parte das autoridades do barrio. Acompañaban ao encargado de presidir a praza os seus asesores de imaxe, que neste ano foron os membros da familia Pérez González e un nutrido grupo de veciñas e veciños que non quixeron perderse evento de tanto glamour. Foi un espectáculo ver con que gracianatural trepaba pola farola para encaramarse ao máis alto da praza e marcar a saída da vixésima edición da Festa da Pita. Seguir lendo