A fita do 2018

A cor escollida neste 2017 para pendurar do broche das fitas é semellante á do ano anterior, MARRÓN ESCURO, aínda que coa particularidade de ser moito máis estreita. Queremos chamar a atención sobre o incremento da desigualdade no noso contorno e no conxunto do Estado, feito que por primeira vez desde que comezara a conquista dos dereitos laborais, provoca que haxa traballadores activos no limiar da pobreza: un posto de traballo non garante poder chegar a fin de mes.

Os últimos informes de Intermón-Oxfam e mesmo da Comisión Europea apuntan que nos últimos 9 anos, os salarios máis baixos teñen descendido de media -no conxunto do Estado- un 15%, ao tempo que os máis altos subiron un 15,2%, situándonos á cabeza dos países máis desiguais na Unión Europea e provocando unha situación descoñecida para millóns de españois.

A isto engadimos as reivindicacións xurdidas nas pasadas datas, propoñendo un lazo marrón pola insultante suba das pensións de xubilación (0,25%) en contraste coas fortes subas do gasto corrente de todos os fogares. Neste senso, a nosa provincia chegaba no ano 2017 a ser a provincia máis envellecida do estado español, con unha idade media de 50,8 anos, ao tempo que conforma tamén o territorio onde as pensións de xubilación son máis baixas (729€). Isto, unido ao feito de que neste ano tamén o número de pensións de xubilación superou ás altas na seguridade social na provincia, debera suponher unha aguillada para poñerse a traballar para saírmos do puxo no que nos metimos/meteron nos últimas tempos.

Podedes consultar aquí todas as cores que penduran do broche de coiro da nosa máscara, así como o ano e os motivos que representa

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: